jueves, 28 de marzo de 2024

Ruta "Monte Galiñeiro- Monte Aloia"(24/03/24)

 O domingo 24 de marzo fixemos esta ruta duns 11 ou 12 km de díficultade moderada. Partimos desde a zona recreativa e o monumento do monte Galiñeiro e fomos camiñando en subidas e baixadas ata a zona recreativa do monte Aloia, acercámonos aos distintos miradores desde onde se contemplaban unhas vistas espectaculares.

En xeral un percorrido bonito, con vistas da contorna e costa en case todo momento. Tivemos un bo día para facer esta ruta que pode chegar a se dura se apreta moi o sol.



martes, 5 de marzo de 2024

Ruta do "Camiño do Corpiño"(Lalín)03/03/2024)

O Domingo 3 de marzo o Cen Pés dirixíronse a Lalín para realizar a ruta do Camiño do Corpiño, unha ruta lineal duns 14 kms que se iniciou na parroquia de Prado e foi pasando por vairos lugares, como Vilar do Río, Noceda, Madiñán, Anzo ou Luzón.
Polo camiño encontramos moito patrimonio etnográfico desde muíños, igrexas románicas, cruceiros, camiños empedrados, corredoiras e aldeas, pero tamén carballerias  e  inmensos prados... Seguimos o itinerario  que realizan peregrinos que acoden cada ano ao santuario da Virxe do Corpiño onde remanta esta ruta. Nós acortámola un pouco pois e duns 18 kms e parte do pazo de Liñares.
 






martes, 20 de febrero de 2024

Ruta Laxe e Castro Borneiro(11/02/2024)

 






O domingo a 11 Cen Pés achegouse a Laxe na Costa da Morte. Iniciamos o recorrido antes de entrar no pobo e collemos a senda paralela a praia de Laxe, paseo marítimo chegando ao porto e subindo ao templo que visitamos porque estaba aberto e de aí buscamos a sinalización para rodear a  insua e para logo continuar ata o faro de Laxe e pasar pola praia dos cristais e terminar cerca de Traba.

Despois subimos ata Castro Borneiro, que está cerca aínda que pertenece ao concello de Cabanas de Bergantiños.

Unha ruta fácil, e preciosa para disfrutar dun mar bravo.

domingo, 28 de enero de 2024

Ruta dos muíños do río Té-Rianxo(28/01/2024)

 O domingo 28 de xaneiro retomamos os máis de Cen Pés  a nosa actividade: camiñar e disfrutas deses espazos naturais tan  verdes  que aquí  temos. Despois dos días de festas e de tanta chuvia, a dificultade foi seleccionar unha ruta que non estivese anegada, así pois unha boa opción foi "a ruta do río Té- PR-G 261" ao outro lado da ría.

Unha senda fácil de uns 12 km que nos iniciamos no paseo marítimo de Rianxo, 2 km antes do cartel que informa sobre a mesma, que vai a maoiría do tempo  paralela ao río Té, rodeada dun bosque de ribeira con carballos , freixos, ameneiros e tamén prados e leira preto dalgunha aldea da contorna, atopamos moitos muíños xa en desuso e en ruina, unha pena. 

O río Te estaba marabilloso, ben  enchido , rápido e coa auga limpa, onde se distinguía un fondo areoso e unha auga dunha cor case turquesa que invitaba a un chapuzón...unha preciosidade. 

Foi unha ruta de ida e volta ata unha área recreativa, onde descasamos e iniciamos a volta pola outra beira do Té. Despois da comida achegámonos a visitar a ferbenza de Cardanoso.

Unha ruta moi recomendable pola cercanía, bastante ben conservada e sobre todo por un entorno precioso.








lunes, 18 de diciembre de 2023

Ruta Cruz de Xiabre- Nadal( 17/012/2023)

 Remata o 2023 e en decembro facemos a última saída do ano, aquí no concello de Vilagarcía.

Unha saída corta de 5 ou 6 km ao miradoiro da cruz de Xiabre, un lugar desde onde de contempla ben a ría de Arousa e o río  Ulla.

Como o ano pasado en lugar de deixar un Belén como outro club deportivos, cambiamos e agora plantamos unha árbore, un pequeno carballo, esperemos  que medre forte como as nosas ganas de seguir pateando sendeiros pola nosa terra. Foi un día de celebración e amizade no que brindamos e pinchamos algo en Fontefría. Felices festas e  o mellor nos espera no2024.







sábado, 9 de diciembre de 2023

Ruta das praias de Marín (03/12/2023)

 O domingo 3 de decembro partimos hacia Marín para realizar unha ruta costeira, xa que outras rutas coas chuvias están anegadas.

Esta é unha ruta fácil e duns 12km se se fai completa, de ese modo sería circular. Empeza saíndo do centro de Marín, e nós  seguimos de forma lineal pola costa pasando por diferentes praias: Portocelo, Mogor, Aguete, onde cruzamos o pobo para continuar ata a praia de Loira, praia de Mogor e subir a os petroglifos e pasar ata o pobo de Casás e rematar na praia do Santo. Un bo paseo mirando sempre o mar!

 



 








sábado, 25 de noviembre de 2023

Ruta dos tres pazos(Negreira- Ponte Maceira)19/11/2024

O domingo 23 de novembro acercámonos a Negreira para camiñar a ruta dos tres pazos. 

Unha ruta circular cómoda de dificuldade moderada a fácil de unos 15 km.

Partimos do centro de Negreira e buscamos o río para achegarnos ao pazo de Cotón, unha finca señorial dos séculos XVII-XVIII, o pazo está unido a capela de San Mauro mediante unha triple arcada pola que pasa a estrada e o camiño de Santiago. Volvemos a ruta collendo a ribeira do río Barcala, pasando por bosque maravillos rodeados de carballos e outras árbores autótonas, paramos na aldea de Fontemirón, para protexernos de chuvia e reagruparnos e comer algo, segimos pasando por pontes, cerca de muíños como o dos Castros e os do río Tambre xa en Ponte Maceira, un pobo moi bonito co Ppazo de   Baladón de 1945-55 e a belísima ponte romana reconstuida no séculos XIII e XVIII. Continuamos a senda para visitar de Albariña, de Varela ou do Capitán dos séculos XVI-XVIII.